Escrito o:
XORNADA Novo Reglamento Xeral de Protección de Datos
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, en colaboración con Álvarez Real Consultoría, a xornada informativa "O novo Regulamento Xeral de Protección de Datos: como cumprir coa nova normativa".
Terá lugar en Lugo, na sede central da CEL, o vindeiro xoves 10 de maio, a partir das 9:30 horas (duración aproximada da xornada: 60 minutos), a só quince días da entrada en vigor da nova normativa. Contará coa intervención de Alberto Álvarez Flores, avogado e responsable de Consultoría de Álvarez Real, que analizará, desde unha perspectiva práctica, as novas obrigacións en materia de protección de datos, as diferenzas coa anterior normativa, a forma de dar cumprimento ás novas esixencias legais e as consecuencias en caso de incumprimento (descargar programa completo en pdf ao final desta entrada).
A entrada é libre (con prioridade para empresarios socios da CEL) pero as prazas son limitadas, polo que será obrigatorio formalizar incripción na seguinte ligazón:
INSCRICIÓN XORNADA NOVO REGULAMENTO DE PROTECCIÓN DE DATOS
Sede Central CELPlaza Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 LUGO