Escrito o:
Unha vintena de empresarios, no taller para comezar a exportar da CEL
Unha vintena de empresarios asistiron hoxe ao Taller "Exportar: Primeiros Pasos", organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo no marco do Programa INTERNOVAMARKET - FOOD, un proxecto de cooperación transfronteiriza, de carácter eminentemente práctico, que busca dotar ás empresas agroalimentarias de Galicia e o Norte de Portugal dos coñecementos, habilidades, técnicas e instrumentos básicos necesarios para que poidan crecer rapidamente mediante a mellora da súa internacionalización, innovación tecnolóxica e capacidade de mercadotecnia a través da posta en marcha de diversas accións con obxectivo acelerador (talleres formativos, servizos de diagnóstico, asesoramento...).
María Teresa Martínez, xerente de TCM Trading Affairs Consultores, empresa especializada en facilitar a saída ao exterior das empresas, foi a encargada de impartir este taller, a través do que se trataba de proporcionar ás empresas unha primeira aproximación práctica aos pasos que debe dar unha empresa con interese en exportar.
Este taller estaba prioritariamente dirixido a pequenas e medianas empresas da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, en especial a directivos de empresas con interese en desenvolvemento de negocio no exterior; responsables e técnicos de Departamentos de Comercio Exterior, entidades con potencial exportador e emprendedores ou interesados en internacionalización empresarial.
O proxecto INTERNOVAMARKET - FOOD, organizado dentro do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, aínda permite a inscrición de empresas, ben nunha das áreas de interese (internacionalización, innovación ou mercadotecnia) ou ben no tres. Ao final desta entrada pode descargarse boletín de inscrición e díptico informativo. Máis info en comercioexterior@cel.es ou o número de teléfono 982 23 11 50.