Voltar atrás

Escrito o:

Taller de Negociación Bancaria

A Confederación de Empresarios de Lugo organiza, en colaboración con Arxon Estratexia, un TALLER DE NEGOCIACIÓN BANCARIA, para facilitar a emprendedores e pequenas e medianas empresas a negociación exitosa con entidades financeiras.

Para iso, nesta xornada de traballo, de carácter práctico, abordaranse cuestións como.

  • Preparar o dossier bancario para a negociación.
  • Estruturar e avaliar as características do pool bancario.
  • Identificar as nosas necesidades.
  • Compensación ante a entidade financeira.
  • Diferentes custos: implícitos e explícitos, operacións cruzadas.
     

Este taller terá lugar o día 12 de marzo de 2018, na sede central da CEL, en horario de 19:00 a 21:00 horas.

A entrada é gratuíta pero as prazas son limitadas, polo que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, dando preferencia a empresas asociadas á Confederación de Empresarios de Lugo.

INSCRICIÓN TALLER NEGOCIACIÓN BANCARIA

Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo