Escrito o:
Os empresarios de Lugo, alarmados ante a posible pérdida de fondos estructurais
A Confederación de Empresarios de Lugo recibiu con alarma e preocupación a noticia da posible perda de Galicia de rexión receptora de fondos estruturais e de cohesión para o período 2020 - 2027. Subliña que para provincias como Lugo, que nin de lonxe alcanzaron xa non a converxencia co resto de España, se non sequera co resto de Galicia, pode ser "a condena final que supoña o seu definitivo abandono e despoboamento".
Os empresarios de Lugo lembran, unha vez máis, que Lugo é unha das provincias que máis necesita dos fondos de cohesión da Unión Europea, polos niveis de renda, os déficits en materia de infraestruturas ou o imparable proceso de envellecemento que soporta. Sinalan tamén que, historicamente, foi a rexión que, xunto con Ourense, contribuíu á consideración da Comunidade Autónoma de Galicia como Rexión Obxectivo 1 da UE. Este feito non significou, con todo, que Lugo e Ourense recibisen unha maior consignación destes fondos, se non que se favoreceu de forma continuada o investimento nas zonas galegas xa máis dinámicas economicamente.
A CEL considera que é necesario garantir que Galicia continúe recibindo fondos estruturas mentres non se produza a definitiva converxencia de provincias como a de Lugo co resto de España e da Unión Europea. Iso si, "deseñando plans que favorezan realmente esta converxencia".
Neste senso, destaca que "é preciso asegurar a recepción de fondos para o desenvolvemento daquelas infraestruturas consideradas prioritarias nese proceso de converxencia (autovías e alta velocidade) e a especial protección de sectores estratéxicos para a provincia (agroalimentario, forestal, turístico ou pesqueiro), ademais de favorecer o investimento empresarial en sectores emerxentes grazas á difusión e uso de novas tecnoloxías".
Tamén "é necesario habilitar medidas de actuación para mellorar a competitividade das empresas lucenses, o aproveitamento das oportunidades de negocio propias da nova economía global, xerando postos de traballo e axudando así a fixar poboación nova nun territorio que, pola contra, corre o risco de converterse nun baldío".
Subliña, tamén, que "as diferenzas cada vez máis marcadas entre a Galicia Atlántica e a interior non fan se non empobrecer ao conxunto da rexión, pois supón un claro desaprovechamiento de recursos e riqueza, ademais da perda de oportunidade de vertebrar definitivamente unha comunidade con grandes posibilidades".
A CEL pide, neste senso, "un compromiso político claro para manter a Galicia como rexión receptora de fondos estruturaus, que teñen que orientarse de forma unívoca a favorecer o desenvolvemento económico das súas provincias máis desfavorecidas, buscando o reequilibrio territorial no seo desta Comunidade Autónoma".