Voltar atrás

Escrito o:

Prevención Plus: Asistencia, Información e Promoción

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) reforza en 2018 os seus servizos de asesoramento en materia de seguridade e saúde no traballo coa posta en marcha do programa "Prevención Plus: Asistencia, Informacion e Promoción", financiado a través da Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais.

En virtude deste programa a CEL dará continuidade aos seus servizos de asesoramento en materia de prevención, a través do Gabinete de Asistencia Técnica en PRL, e continuaranse organizando accións informativas e divulgativas (publicacións, xornadas...) encamiñadas á difusión dunha adecuada cultura preventiva.

Obxectivos xerais de Prevención Plus

  • Fomento e desenvolvemento dunha cultura preventiva que favoreza a implantación da Prevencion de Riscos Laborais nas pemes de forma eficaz e eficiente.
  • Xeración e desenvolvemento de ferramentas, referencias e recursos intersectoriales como apoio á actividade preventiva.
  • Deseño, desenvolvemento ou implantación de modelos de xestión preventiva intersectoriales.
  • Mellora estrutural e desenvolvemento tecnolóxico con integración da seguridade e saúde no traballo, fomentando a aplicación de criterios de xestión responsable e saudable.
  • Accións encamiñadas á redución da sinistralidade.
  • Impulsar a regulacion en materia de prevención de riscos laborais no marco da negociación colectiva de ámbito estatal ou supra-autonómico, conforme ao disposto no Título III do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto de Traballadores.

 

Servizos Gabinete Asistencia Técnica en PRL