Escrito o:
Foro - Debate LUGO Infraestruturas S.XXI
Fai xa máis de dez anos, en 2006, a Confederación de Empresarios de Lugo organizaba unha xornada - debate sobre infraestruturas irrenunciables para a provincia de cara a afrontar con éxito o recentemente estreado século XXI.
Advertíase xa entón que, "a pesar da constante e reiterada reivindicación de investimentos en materia de infraestruturas" por parte dos empresarios e outros sectores da sociedade lucense", non se obtivese ata o momento "unha resposta realmente satisfactoria de ningunha das administracións das que dependen as diferentes infraestruturas que necesita a provincia". Falouse de "última oportunidade para Lugo" e de "priorizar investimentos", especialmente en determinadas autovías, ferrocarril ou portos.
A realidade é que a pesar de transcorrer máis dunha década, unha simple análise de situación permite afirmar que non se experimentaron grandes mellorías en materia de infraestruturas neste territorio.
Coa finalidade de analizar a evolución das infraestruturas de Lugo nos últimos anos e buscar propostas para un futuro adecuado ás necesidades da sociedade e as empresas na actual conxuntura competitiva, a CEL organiza un foro - debate para o día 23 de decembro de 2017, sábado, ás 12:00 horas, na súa sede central. Contará nesta ocasión coa intervención de Álvaro Santos Ramos, deputado provincial por Lugo do PsdeG - PSOE (descargar programa completo en pdf ao final desta entrada).
Trátase do primeiro dunha serie de encontros que a CEL organizará con diferentes personalidades de cats a analizar a situación actual das infraestruturas da provincia e buscar conxuntamente propostas encamiñadas a lograr unha verdadeira melloría naquelas claves para o futuro desenvolvemento social e económico de Lugo.
Máis info e inscricións
O foro está dirixido a empresarios. O acceso é gratuíto pero as prazas da sala son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de reserva, que pode efectuarse a través da seguinte ligazón:
CONFIRMAR ASISTENCIA FORO - DEBATE LUGO INFRAESTRUTURAS S.XXI