Escrito o:
Xornada STRATEC LUGO 2030
O vindeiro martes, 28 de novembro, a partir das 19:00 h. terá lugar a xornada "STRATEC LUGO 2030. Buscamos a Excelencia a través da Estratexia" unha iniciativa de Triplem Xestión e Desenvolvemento de Proxectos, coa participación de Dextra Consulting e Stratec e a colaboración da Confederación de Empresarios de Lugo.
Os obxectivos principais deste encontro son:
- Sensibilizar na necesidade de acometer e implantar a planificación estratéxica como medida de sustentabilidade e supervivencia.
- Efectuar un diagnóstico da situación actual e expor unha visión de onde queremos estar a medio e longo prazo cunha folla de ruta clara que nos indique a dirección a seguir.
- Concreción da estratexia en plans de acción con obxectivos, indicadores, responsables, orzamentos e datas de execución.
- Necesidade de medir os resultados e de integrar a estratexia coas actividades operativas e as aplicacións de xestión e ERP para controlar as desviacións.
- Apoio constante en forma de coñecemento e de tecnoloxía (plataformas de xestión da estratexia).
- Necesidade de implicación por parte da dirección e de formulación dun Plan de Comunicación a toda a organización.
Principais destinatarios:
- Organismos e Institucións interesadas no fomento e o desenvolvemento empresarial.
- Propietarios, socios, directores xerais, directores executivos e mandos intermedios comprometidos cunha visión global e sustentable das súas organizacións.
- Emprendedores que inician proxectos con visión e perspectiva de futuro.
- En xeral, aqueles que se vexan na necesidade de reinventarse, abandonar a zona de confort e acometer procesos de xestión do cambio.
Programa completo descargable ao final desta entrada.
A xornada de presentación desta iniciativa terá lugar na sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) en Lugo, Praza de Santo Domigo, 6 ? 2º planta.
Inscrición
Os interesados en poden reservar praza chamando ao número de teléfono 982 231 150 ou a través da seguinte ligazón:
INSCRICIÓN XORNADA STRATEC LUGO 2030