Escrito o:
Curso Traballos Saudables en cada Idade
O próximo día 28 de outubro de 2017, sábado, en horario de 9:00 a 14:00 horas, terá lugar o curso "Traballos saudables en cada idade", dirixido a traballadores e empresarios da provincia de Lugo, así como a persoas en situación de desemprego.
Este curso, organizado no marco da programación formativa en materia de seguridade e saúde laboral 2017 da CEL, ten por obxectivo promover o traballo sustentable e o envellecemento saudable desde o inicio da actividade laboral, tendo en conta que a idade é unha das variables que pode estar asociada a factores que fan máis probable a exposición a riscos.
Igualmente, búscase destacar a importancia da prevención de riscos ao longo da vida laboral e axudar aos traballadores (en particular nas pequenas e medianas empresas), facilitándolles información e ferramentas para xestionar a seguridade e a saúde ocupacional nun contexto dunha man de obra que envellece.
Programa
- A importancia da prevención para todos ao longo da vida laboral e a adopción dun enfoque global.
- Concepto de capacidade de traballo e medidas para fomentala.
- Avaliación de riscos na que se ten en conta a diversidade.
- Adaptacion do lugar de traballo.
- Medidas e políticas para a prevención da discapacidade, a rehabilitación e a reincorporación á vida laboral.
- Promoción da saúde no lugar de traballo.
- Beneficios.
Máis info e inscricións
Estes cursos de PRL organízanse ao amparo da Orde de 3 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2017, co financiamento da Xunta de Galicia.
As prazas son limitadas (admitirase a un máximo de 20 alumnos por acción formativa) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse por teléfono, nos números 982 28 40 15 ou 982 23 11 50 ou enviando un e-mail con nome, acción de interese e teléfono de contacto a formacioncel@cel.es.