Escrito o:
Curso Insatisfacción Laboral da Muller Traballadora
A CEL ten prevista a impartición en Lugo, para o próximo día 27 de outubro de 2017, venres, en horario de 16:00 a 21:00 horas, do curso "Insatisfacción Laboral da Muller Traballadora", organizado no marco da programación formativa en materia de seguridade e saúde laboral 2017, financiada pola Xunta de Galicia.
Esta acción formativa, como as restantes desta programación, está orientada tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.
O seu obxectivo é o de analizar como afectan as diferenzas por razón de sexo no ámbito económico e de promoción da traballadora no mundo laboral, así como detectar as dificultades existentes de conciliación laboral e familiar da muller traballadora.
Programa
- Taxas de ocupación de homes e mulleres. Análise.
- Diferenzas salariais e de promoción profesional das mulleres.
- A xornada laboral: conciliación familiar e laboral.
- A motivación e produtividade no traballo: síndrome de Burnout
- Os plans e políticas de igualdade e a súa implantación nas empresas.
Máis info e inscricións
Estes cursos de PRL organízanse ao amparo da Orde de 3 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2017, co financiamento da Xunta de Galicia.
As prazas son limitadas (admitirase a un máximo de 20 alumnos por acción formativa) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse por teléfono, nos números 982 28 40 15 ou 982 23 11 50 ou enviando un e-mail con nome, acción de interese e teléfono de contacto a formacioncel@cel.es.