Escrito o:
Curso Modelo de Empresa Saudable
A CEL ten prevista a impartición en Lugo, para o próximo día 27 de outubro de 2017, venres, en horario de 16:00 a 21:00 horas, dun novo curso enmarcado na programación formativa en materia de seguridade e saúde laboral que a entidade leva impartindo todo o mes: o curso Modelo de Empresa Saudable.
Esta acción formativa, como as restantes desta programación, está orientada tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.
O seu obxectivo é o de lograr que os seus alumnos estean en condicións de coñecer o que se entende por Empresa Saudable, e moi especialmente as súas repercusións nas organizacións, entre outras na protección e promoción da saúde no lugar de traballo, a mellora da imaxe da empresa na comunidade e entre os seus traballadores, o aumento da competitividade da empresa e o seu enfoque cara á mellora continua.
Programa
- Que se entende por "empresa saudable".
- Impacto da contorna laboral na saúde da poboación.
- Beneficios da promoción e protección da saúde no traballo.
- Sistema de Xestión da Empresa Saudable (SIGES).
- Idenficación dos factores que inflúen no ambiente laboral e actuacións.
- Implementación dun modelo.
Máis info e inscricións
Estes cursos de PRL organízanse ao amparo da Orde de 3 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2017, co financiamento da Xunta de Galicia.
As prazas son limitadas (admitirase a un máximo de 20 alumnos por acción formativa) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse por teléfono, nos números 982 28 40 15 ou 982 23 11 50 ou enviando un e-mail con nome, acción de interese e teléfono de contacto a formacioncel@cel.es.