Voltar atrás

Escrito o:

Acordo con DAS Internacional para asegurar a defensa xurídica dos nosos asociados

A nosa sede central acolleu o acto de firma de acordo de colaboración entre esta entidade e DAS Internacional S.A. para facilitar de forma exclusiva aos empresarios asociados á organización empresarial o acceso a pólizas de defensa xurídica en condicións preferentes (con minoración ou bonificación nas tarifas xerais).

Subscribiron o acordo José Carlos Valdés Igrexas, director territorial para a Zona Noroeste de DÁS Internacional, e Jaime López Vázquez, secretario xeral da CEL.

En virtude deste acordo ofertaranse ás empresas lucenses asociadas servizos xurídicos adicionais aos de asesoramento xa prestados polos propios profesionais da Confederación, que contan coa maior experiencia e coñecemento en profundidade da casuística específica das empresas da provincia de Lugo.

As tarifas deste seguro, que se abonarán con carácter anual, serán especificamente establecidas para os asociados da CEL con descontos moi relevantes respecto dos prezos medios de mercado neste tipo de produtos.

Servizos

De forma concreta, a firma deste convenio facilitará a todos os asociados á CEL o aseguramiento de servizos xurídicos tales como defensa penal, en contratos laborais, ante a Inspección de Traballo e a Administración Públlica; reclamación de danos; reclamación por incumprimento de contratos de subministracións; reclamación de facturas impagadas, entroutros.

A vixencia deste convenio será en principio dun ano, prorrogable en períodos de igual duración. É o primeiro subscrito pola Confederación no marco dunha nova campaña de firma de acordos comerciais que se abre na entidade para proporcionar aos seus asociados a posibilidade de acceso a novos produtos en condicións vantaxosas.

DAS Internacional

DAS Internacional, que leva operando en España desde 1958, ofrece unha ampla gama de produtos de protección xurídica para particulares e empresas a través dunha rede propia. Con 13,5 millóns de asegurados en dezaoito países europeos e unha facturación superior aos 1.000 millóns de euros, é a entidade líder de Europa en defensa xurídica.

Está especializada no Seguro de Defensa Xurídica; ofrece protección xurídica completa, que inclúe desde o asesoramento legal a distancia até asistencia xurídica presencial, tanto en procesos amigables como en procesos xudiciais.