Escrito o:
Curso Responsabilidade Penal por Riscos en materia de PRL
A CEL impartirá en Burela o próximo día 21 de outubro de 2017, sábado, en horario de 9:00 a 14:00 horas, o curso "Responsabilidade penal por riscos en materia de PRL", orientado tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.
Esta acción formativa enmárcase na programación en materia de seguridade e saúde laboral organizada pola CEL en 2017 e financiada pola Xunta de Galicia.
O obxectivo desta acción formativa é o de proporcionar aos seus alumnos coñecementos básicos sobre operacións cos devanditos equipos, e facerlles capaces de identificar a protección que brindan á hora de de utilizalos en ambientes de baixa visibilidade.
Programa
- A infracción das normas de seguridade como orzamento da infracción penal
- O Art 350 do Código Penal como norma penal en branca
- Análise da normativa extrapenal e do seu significado penal
- A concreta posta en perigo
- A comisión por omisión
- Os suxeitos do delito
Máis info e inscricións
Estes cursos de PRL organízanse ao amparo da Orde de 3 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2017, co financiamento da Xunta de Galicia.
As prazas son limitadas (admitirase a un máximo de 20 alumnos por acción formativa) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse por teléfono, nos números 982 28 40 15 ou 982 23 11 50 ou enviando un e-mail con nome, acción de interese e teléfono de contacto a formacioncel@cel.es.