Voltar atrás

Escrito o:

Curso Equipos de Respiración Autónoma

A CEL impartirá en Monforte de Lemos o próximo día 7 de outubro de 2017, sábado, en horario de 9:00 a 14:00 horas, o curso "Equipos de Respiración Autónoma (E.R.A)", orientado tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.

Esta acción formativa enmárcase na programación en materia de seguridade e saúde laboral organizada pola CEL en 2017 e financiada pola Xunta de Galicia.

O obxectivo desta acción formativa é o de proporcionar aos seus alumnos coñecementos básicos sobre operacións cos devanditos equipos, e facerlles capaces de identificar a protección que brindan á hora de de utilizalos en ambientes de baixa visibilidade. 

Programa

I. Introdución
     a) Equipos de Respiración Autónoma (E.R.A.)
     b) Atmosferas tóxicas, nocivas e perigosas para o ser humano.
     c) Lexislación do uso de E.R.A's

 II. Equipos de Respiracion Autónoma
     a) Partes.
     b) Uso.
     c) Situacións nas que se debe empregar un E.R.A.
     d) Normas de seguridade no uso dun E.R.A.
     e) Limitacións dos E.R.A.
     f) Mantemento dun E.R.A.

III. Traballar con Equipos de Respiración Autónoma
     a) Protocolos de actuación en operacións con E.R.A.
     b) Técnicas de mergullo en fume ou en condicións de baixa visibilidade.
     c) Consideracións á hora de traballar con E.R.A's

 IV. Rescate e vítimas. Operacións de salvamento usando E.R.A's

Máis info e inscricións

Estes cursos de PRL organízanse ao amparo da Orde de 3 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2017, co financiamento da Xunta de Galicia.

As prazas son limitadas (admitirase a un máximo de 20 alumnos por acción formativa) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse por teléfono, nos números 982 28 40 15 ou 982 23 11 50 ou enviando un e-mail con nome, acción de interese e teléfono de contacto a formacioncel@cel.es.