Escrito o:
Curso Prevención en la Manipulación y Almacenamiento de Productos Químicos
A CEL impartirá en Burela o próximo día 6 de outubro, venres, en horario de 16:00 a 21:00 horas, o curso "Prevención na Manipulación e Almacenamento de Produtos Químicos", orientado tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.
Esta acción formativa enmárcase na programación en materia de seguridade e saúde laboral organizada pola CEL en 2017 e financiada pola Xunta de Galicia.
O obxectivo desta acción formativa é o de dotar ao alumnado do coñecemento necesarios para poder previr e evitar os riscos máis habituais que leva a manipulación e almacenamento de produtos químicos, proporcionándolle formación en relacíon ás medidas preventivas que se deben adoptar fronte aos riscos xerais e específicos derivados da manipulación e almacenamento de produtos químicos.
Programa
- Produto químico. Definición e clasificación:
- Seguridade e hixiene na manipulación de produtos químicos:
Máis info e inscricións
Estes cursos organízanse ao amparo da Orde de 3 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2017, co financiamento da Xunta de Galicia.
As prazas son limitadas (admitirase a un máximo de 20 alumnos por acción formativa) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse por teléfono, nos números 982 28 40 15 ou 982 23 11 50 ou enviando un e-mail con nome, acción de interese e teléfono de contacto a formacioncel@cel.es.