Voltar atrás

Escrito o:

Curso Docencia da Formación Profesional para o Emprego

A Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL acollerá, do 17 de outubro ao 15 de febreiro de 2018, o curso "Docencia da Formación Profesional para o Emprego", organizado no marco da programación formativa AFD 2017 (accións de formación dirixidas prioritariamente a desempregados), cofinanciada pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea (Fondo Social Europeo).

Este curso facilita a obtención dun certificado de profesionalidade de nivel 3 e obrigatorio para exercer como docente de cursos de formación para o emprego.  

Concretamente, o curso, de 398 horas de formación totais, impartirase en horario de 15:00 a 20:00 horas, de acordo co seguinte programa de módulos:

  • Programación didáctica (60 horas)
  • Seleción e utilización de materiais (90 horas)
  • Impartición e tutorización (100 horas)
  • Evaluacion do proceso de ensino (60 horas)
  • Orientacion laboral (30 horas)
  • Módulo de prácticas profesionais non laborais (40 horas)
  • Módulos transversais (18 horas)


O curso está dirixido preferentemente a desempregados inscritos na Oficina de Emprego, aínda que tamén poderán participar traballadores en activo. Como se indicou anteriormente, permite o acceso a un certificado de profesionalidade de nivel 3, polo que os interesados haberán de contar, obrigatoriamente, cunha titulación mínima de Bacharelato Logse, COU, FPII ou Grao Superior de FP, diplomatura, licenciatura ou similares.

Inscrición

Os interesados nestes cursos deben dirixirse o máis axiña posible ao noso Centro de Formación, sito en Manuel Murguía 6-Baixo de Lugo, para cubrir ficha de inscrición e participar en entrevista de selección. Máis info no número de teléfono 982 28 40 15.