Escrito o:
Rolda e conferencia de 'coaching' na CEL
A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu esta tarde a roda de Coaching e a conferencia 'A túa mellor versión, leccións que nos deixa o Coaching', organizadas pola Universidade da Coruña (UDC) e a International Coaching Community (ICC) en diferentes cidades galegas para dar a coñecer esta técnica de adestramento persoal e profesional, que na contorna dunha empresa pode conducir a unha mellora da súa produtividade e competitividade.
No marco deste encontro co que colabora a CEL, tamén se presentou o Curso de Posgrao de Especialización en Coaching da UDC.
Tras a conferencia, á que asistiu medio centenar de persoas, e que correu a cargo de Daniel Álvarez Lamas, delegado e trainer oficial da ICC para España, tivo lugar unha roda de coaching ou sesión práctica desta técnica a través da cal os participantes poden ver como é e formar parte dun parte dun proceso de coaching, á vez que se nutren dun feedback.
Na mesa de presentación do encontro estiveron tamén Manuel Martínez Carballo e Eduardo Guillén Solórzano, profesores da UDC, así como Jaime López, secretario xeral da CEL.