Voltar atrás

Escrito o:

Presentación do proxecto Internova Market Food

Este xoves, 28 de setembro, a partir das 11:00 h., terá lugar en Vigo a xornada de presentación do proxecto Internova Market Food, unha iniciativa enmarcada no Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal (Poctep) que nace co obxectivo principal de acelerar os procesos de internacionalización das empresas agroalimentarias da eurorrexión Galicia - Norte de Portugal a través de accións de información e formación que favorezan o posicionamento dos produtos, a innovación tecnolóxica dos procesos de elaboración e a utilización de estratexias de mercadotecnia que favorezan a competitividade.

Máis concretamente, os obxectivos principais deste proxecto son:

  • Achegar información de interese para acelerar os procesos de internacionalización das empresas agroalimentarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • Favorecer a identificación de oportunidades conxuntas de colaboración.
  • Fomentar os procesos de innovación en producots e procesos como aspecto crave para facilitar o acceso a mercados exteriores.

Internova Market Food, promovido por varias entidades entre as que e atopa a CEL, está dirixido especificamente a pequenas e medianas empresas pertencentes á cadea de valor do sector agroalimentario da Euroregión Galicia-Norte de Portugal.

A xornada de presentación desta iniciativa terá lugar na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) en Vigo (C/García Barbón 104) - descargar programa en pdf ao final desta entrada-. 

Inscricións a través do mail proyectoseuropeos@cep.es ou chamando ao 986 439 611.