Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA Como actuar ante unha inspección fiscal

A Confederación de Empresarios de Lugo organiza unha xornada informativa sobre 'Como actuar ante unha inspección fiscal', que terá lugar na súa sede central en Lugo o día 27 de setembro próximo, mércores, en horario de 19:00 a 20:30 horas.

Coa finalidade de analizar as diferentes cuestións a ter en conta ante unha actuación inspectora, a CEL conta con Arxon Estratexia como entidade colaboradora na organización deste encontro, no que se abordarán cuestións como dereitos da empresa inspeccionada, áeras de risco ou prazos de actuación, entre outras.

Igualmente, presentarase a actual convocatoria do Programa Re-acciona do Igape, que ofrece diferentes servizos de apoio á competitividade das pemes galegas.

O programa completo pode descargarse en pdf ao final desta entrada.

A asistencia a esta xornada é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas, polo que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición (dando preferencia a empresas asocaidas á CEL). A reserva de praza pode tramitarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA COMO ACTUAR ANTE UNHA INSPECCIÓN FISCAL

 

Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo