Escrito o:
Presentación da quinta edición de ViaGalicia en Lugo
O próximo día 29 de setembro finaliza o prazo para presentar candidatura á 5ª edición de VíaGalicia, un dos programas de aceleración de empresas máis efectivos da comunidade (pola súa estrutura e dotación económica): tutorización especializada para madurar os proxectos, mentoring ou financiamento de ata 125.000 euros converten a ViaGalicia nunha oportunidade única para emprendedores activos e innovadores.
Coa finalidade de dar a coñecer os detalles e novidades da actual edición, os responsables de ViaGalicia estarán en Lugo nunha xornada informativa que terá lugar este mércores, 20 de setembro de 2017, ás 11:00 h., na Ferraxaría, Eventos & Co (ver programa)
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse enviando un e-mail viagalicia@fundacioncel.org ou ben chamando ao 982 28 41 50.