Escrito o:
O consello de administración da CEL recibe a novos membros
O consello de administración da CEL reuniuse o pasado venres en convocatoria ordinaria para tratar, entre outros, a cobertura de vacantes no seo deste órgano directivo da CEL.
En concreto, abordouse a cobertura da vacante deixada por Ildefonso Bourio Paz tras o seu triste falecemento a finais do pasado ano. Esta vocalía pasa a ser ocupada por Daniel Rois Trastoy, actual presidente da Asociación Lucense de Empresarios de Fontanaría e Calefacción (Alufonca). Ao mesmo tempo, incorpórase ao consello Carmen Fernández de Mercadona en substitución de Rubén Chousa, que causou baixa por motivos profesionais.
Por outra banda, para o posto de interventor no seo do consello que viña ocupando tamén Ildefonso Bourio, designouse por unanimidade a José Luís García Ferreiro, tamén vocal no consello e presidente da Asociación Provincial de Autoescolas.
Xunta
Por outra banda, informouse da baixa de Daniel Villapol Valea de todos os órganos da CEL e da proposta da súa substitución polo actual presidente da Asociación Provincial de 1ª Transformación da Madeira, Santiago Montero Cabanas. De forma automática, Santiago Montero pasa a formar parte da xunta de presidentes da CEL. A maiores, o consello acordou por unanimidade a súa designación como membro da xunta de goberno da entidade, vocalía que se confirmará na próxima reunión deste órgano directivo.
Órganos externos
Finalmente, cubríronse as vacantes deixadas por Ildefonso en órganos externos nos que a CEL ten representación. Concretamente, José Francisco Real Castro pasa a ocupar a vocalía de leste na Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e Jesús Quintá no consello de administración da sociedade de garantía recíproca AFIGAL.