Voltar atrás

Escrito o:

CEL y Láncara colaboran para incentivar la presencia empresarial de Lugo en Cuba

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) está a colaborar activamente co Concello de Láncara na posta en marcha da misión institucional que este municipio está a organizar para estreitar aínda máis os lazos que existen coa República de Cuba e facilitar á toma de contacto das empresas de Lugo coa illa, que na actualidade presenta interesantes oportunidades económicas.

A CEL sinala que se presentan xa  en Cuba importantes posibilidades de negocio en sectores estratéxicos na provincia, como enerxías renovables ou agroalimentario. Unhas posibilidades que a CEL cre, ademais, se incrementarán exponencialmente nos próximos anos co desenvolvemento que experimentará o país.

A CEL considera que o Concello de Láncara, dados os lazos que continúa mantendo co país centroamericano, é sen dúbida o mellor embaixador que as empresas da provincia poden ter na República de Cuba.

É por iso que está a colaborar con este municipio na posta en marcha da misión institucional que este prepara para próximas datas, en especial no referente á parte económica ? empresarial da delegación que viaxará a Cuba.

Igualmente, a CEL está a traballar na posibilidade de organizar unha misión empresarial cara ao mes de novembro, para a que xa se estableceron os primeiros contactos a través dunha misión preparatoria que tivo lugar de maio, e na que viaxaron o conselleiro delegado executivo da CEL, Eduardo Valín, e o secretario xeral da organización empresarial, Jaime López, mantendo encontros, entre outros, con Lourdes Morell, especialista en Europa da Cámara de Comercio de Cuba, e representantes do Instituto Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP).

Esta mesma semana, ademais, a CEL recibiu nas súas instalacións aos representantes do ICAP que visitaron o Concello de Láncara acompañados de membros da Asociacón de Amizade Astur - Cubana.

A fin de articular formalmente esta colaboración que vén producindo entre a CEL e o Concello de Láncara, ambas as organizacións subscribirán en próximas datas un convenio de colaboración. Buscan coordinar así a posta en marcha de accións conxuntas que poidan redundar en beneficio da actividade económica e das empresas do Concello de Láncara e da provincia de Lugo en xeral.