Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Informativa: Bonus de Prevención

A Confederación de Empresarios de Lugo acolle o vindeiro venres, día 12 de maio, en horario de 11:00 a 13:00 horas, unha xornada informativa sobre o Bonus de Prevención, o sistema de incentivos ás empresas para a diminución da sinistralidade laboral. 

A xornada, que contará coas achegas de Alicia Villar, técnico de Prevención de Riscos Laborais de Mutua Universal, busca proporcionar unha visión clara do Bonus de Prevención para o período actual de observación 2016 (RD 404/ 2010) e o futuro período de observación 2017 (RD 231/2017).

Entre outras, abordaranse cuestións como que é e que se busca co Bonus, empresas beneficiarias, período de observación, requisitos necesarios, pasos a dar polas empresas, documentación ou como e cando se abona o bonus (descargar programa completo ao final desta entrada).

Esta xornada terá lugar na sede central da CEL (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta). As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse a través da seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA BONUS PREVENCIÓN

Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo