Escrito o:
Sesenta persoas achéganse a ferramentas de coaching nunha conferencia da CEL
Preto de sesenta persoas encheron hoxe o salón de actos da sede central da CEL para participar na conferencia "Coaching para Liderar-T. Ferramentas para: pensar ben, sentirche mellor" organizada en colaboración co Instituto Ben Pensante co obxectivo de promover entre os directivos lucenses o coñecemento de ferramentas para a mellora do seu rendemento persoal, así como para a motivación dos seus colaboradores.
A conferencia, gratuíta e aínda que preferentemente dirixida a empresarios, aberta para todos os públicos, contou coas achegas de Marcela Parga Fernández, trainer oficial de ICC (Internacional Coaching Community) en España, ademais de avogada de profesión e experta en mediación e conciliación; e Pablo López Pérez, coach internacional executivo e de equipos, experto en emprendimiento e organizacións.
Na inauguración estivo presente, ademais, José Francisco Real, conselleiro delegado sectorial da CEL, que subliñou que "o coaching pode axudar a modelar un liderado claro e ben dirixido nunha empresa, o que pode constituírse nun factor diferencial que marque a mellora da súa competitividade" así como que "tamén pode axudarnos como vehículo de mellora da nosa comunicación con colaboradores profesionais e clientes, para evitar malentendidos ou minorar o impacto e mesmo evitar todo tipo de conflitos".