Voltar atrás

Escrito o:

A CEL traslada ao novo presidente da CEG as súas preocupacións en materia de infraestruturas

O novo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antón Arias Díaz-Eimil, realizou esta mañá a súa primeira visita institucional a Lugo, que incluíu na súa axenda unha reunión na sede central da CEL coa súa directiva e un encontro con Lara Méndez, alcaldesa de Lugo.

Antón Arias quixo con esta primeira visita a Lugo trasladar aos empresarios desta provincia a súa intención de traballar na procura de consensos e a necesaria unión na Confederación de Empresarios de Galicia, a fin de abrir unha nova etapa que permita camiñar a todos os empresarios da Comunidade na mesma dirección, recuperando o papel institucional e o prestixio propio das organizacións empresariais.

Pola súa banda, a CEL trasladou ao novo presidente as demandas históricas do tecido económico na provincia, que pasan fundamentalmente por evitar que Lugo quede definitivamente descolgada do progreso, para o que ha de garantirse a súa conexión coa alta velocidade (lembraron que Lugo é a única provincia que queda totalmente desconectada deste servizo ferroviario), ou xeral buscar solucións viables en materia de infraestruturas para Lugo.

Falouse así de novo de infraestruturas crave como a Autovía do Cantábrico ou A-8, que sofre constantes cortes por causa da néboa; a Autovía Lugo ? Santiago ou A-54, que a pesar de ser unha prioridade para a vertebración interior de Galicia aínda non está finalizada, ou a Autovía Lugo ? Ourense ou A-56, continuamente paralizada e cuxa execución non se albisca próxima.
Igualmente, a CEL volveu lembrar que Lugo segue sendo a única provincia marítima de España que non conta con autoridade portuaria propia.

Renovación

Por outra banda, a CEL tamén renovou os membros do seu consello de administración, atendendo á norma estatutaria de rotación dos seus conselleiros. En virtude desta, cesaron no consello Carmen Castelao (Tradime), Jesús Quintá (Alibós Galicia), Miguel Varela (Grupo Soluk), cesamentos aos que se suma a baixa de David Manuel García Vilela por falecemento. Pola súa banda, incorpóranse Eduardo Valín (Transportes Valín), Ramón Alonso (Cafés Candeas), José Eduardo Fernández Vila (APIEL) e José Anxo Penas (Norbel Enerxía). 

En conxunto, o Consello de Administración queda conformado polas seguintes empresas e organizacións empresariais: Abanca (Walter Álvarez), Avecus (José Luís García Ferreiro), Cafés Candeas (Ramón Alonso), Caixa Rural Galega (Jesús Méndez), Clínica Dinán (Jorge Somoza), Mercadona (Carmen Fernández), Mobles Hermida (Anxo Hermida), Norbel Enerxía (José Anxo Penas), Polusa (Xusto Jorge), Transportes Valín (Eduardo Valín), Viesgo/Begasa (Luís García Santalla), Alufonca (Daniel Rois), APIEL (José Eduardo Fernández Vila), APEHL (Cheché Real) e Asociación de Reparadores de Electrodomésticos (Juan Chousa).

Eduardo Valín exercerá como Conselleiro Delegado Executivo, Anxo Hermida pasa a Institucional, Cheché Real a Sectorial e José Anxo Penas a Territorial. Continúan Jorge Somoza como Tesoureiro e José Luís García Ferreiro como Interventor.

Por outra banda, tamén se renova o delegado da zona norte da CEL: Anxel Vázquez Igrexas, novo presidente da Mariña Federación, pasa a ocupar este posto en substitución de Ramón Leivas, tamén anterior presidente deste colectivo.