Escrito o:
A CEL aposta pola industria 4.0 como obxectivo estratéxico de 2017
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) aposta pola industria 4.0 como obxectivo estratéxico das accións que desenvolverá en 2017. Así, abrirá o ano cunha acción formativa de 120 horas de duración en través da que capacitará a unha vintena de alumnos en cuestións relacionadas co "Internet das cousas", ademais de facilitarlles acceso á certificación para o manexo de vehículos aéreos non tripulados (pilotaxe de RPAs e drones).
A industria 4.0 ou "fábrica intelixente" marcará (xa está a marcar) o futuro inmediato das empresas: facilita a flexibilización e adaptación dos procesos, o que contribúe a minorar os custos de produción e eleva a produtividade, modificando de forma definitiva os modelos de negocio.
Esta realidade supón "un reto sen precedentes para as empresas, pero tamén unha oportunidade inmellorable para apontoar a súa competitividade e un importante nicho de xeración de riqueza e emprego". A pesar de que, por unha banda, certifícase que a dixitalización da industria suporá a desaparición de multitude de postos de traballo, non é menos certo que implicará a aparición de novos postos, máis especializados e vinculados a esta nova realidade (segundo o Foro de Davos calcúlase que se crearán uns 2,1 millóns de empregos no mundo relacionados coa industria 4.0 de aquí a 2020).
Ante esta nova revolución industrial, a CEL considera que é imprescindible "dar pasos decidido para que as empresas da provincia non queden atrás", e considera que o principal é facilitar de forma rápida formación adecuada para o desempeño dunhas funcións e tarefas que até o momento nin existían.
Infraestruturas
Ademais de articular iniciativas que faciliten a adaptación das empresas lucenses a esta cuarta revolución industrial, a CEL non perde de vista de face a 2017 un dos que foi o seu principal cabalo de batalla desde hai anos: as infraestruturas, e en especial nestes momentos que Lugo non quede á marxe da alta velocidade.
Neste sentido, desde a CEL destácase a unión que nestes momentos percíbese en todos os sectores da sociedade lucense e partidos políticos para lograr que a provincia non quede descolgada definitivamente do progreso "é sen dúbida unha noticia a celebrar e o punto de partida de partida á procura de solucións para Lugo en materia de infraestruturas". Neste senso, a CEL celebra as recentes declaracións de Pedro Puy, portavoz parlamentario do PPdG, e Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Vivenda, de defensa clara da alta velocidade para Lugo ante o Ministerio de Fomento.