Escrito o:
Encuentros Bilaterais: Plataforma Pexga México en Lugo
A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), recibe o próximo día 24 de novembro, xoves, á directora da Plataforma Pexga en México, Adriana Cao García, coa que as empresas lucenses interesadas poderán manter encontros individuais, en horario de 16:30 a 20:00 horas, para efectuar consultas específicas sobre o mercado mexicano.
Coa realización deste encontro, Pexga quere facilitar o achegamento do tecido produtivo galego a un país cuxa economía ocupa o onceavo posto a nivel mundial e o segundo na área de América Latina. Cun crecemento das exportacións desde Galicia a este mercado do 78% no primeiro semestre do ano, non cabe dúbida da súa importancia para a economía galega.
As empresas interesadas en manter un encontro personalizado coa responsable de Pexga México, poden concertar a súa entrevista a través do seguinte formulario:
INSCRICIÓN Encontros Bilaterais Pexga México en Lugo
O mercado mexicano
México é un país que, ao practicar o Libre Comercio, ofrece excelentes condicións institucionais para os negocios e a internacionalización das empresas galegas, ao brindarlles estabilidade macroeconómica, certidumbre xurídica e importantes avances en materia de desregularización.
Actualmente é un mercado potencial de máis de 121 millóns de consumidores, de fala hispana, repartidos en case dous millóns de quilómetros cadrados, o que converte ao país nun mercado natural con importantes opcións de negocio para as empresas foráneas.
Tamén é un dos países que presenta unha maior apertura ao comercio internacional. Anualmente exporta produtos e servizos por valor de 397,5 mil millóns de dólares, que no seu maior parte son produtos manufacturados; e importa unha cantidade similar, dos que a maioría son bens intermedios, que se incorporasen a diversos sectores industriais, e maquinaria e equipo, utilizados para fortalecer e elevar o valor engadido do seu sector industrial.
Esta actividade é unha acción organizada no marco do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a Rede de Plataformas Empresariais Galegas no Exterior (Pexga) e o Servizo de Licitacións Internacionais (Salt), que establece como obxecto do mesmo o asegurar unha maior presenza das empresas e institucións galegas no exterior
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo