Voltar atrás

Escrito o:

A CEL acolle encontros bilaterais co director de PEXGA China

A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), recibe o próximo día 17 de novembro, xoves, ao director da Plataforma Pexga en China, Javier Bahut Veiga, co que as empresas lucenses interesadas no mercado asiático poderán manter encontros bilaterais, en horario de 16:30 a 20:00 horas.
 
Analizar as oportunidades económicas e presentar recomendacións prácticas para a negociación en China son os eixos condutores deste achegamento a Pexga China. Coa realización de encontros deste tipo, Pexga quere achegar ao tecido produtivo galego mercados considerados de alto interese para a nosa economía, como é o caso do xigante asiático. 

A empresas interesadas en manter un encontro personalizado co responsable de Pexga China en Lugo, poden concertar a súa entrevista a través do seguinte formulario:

INSCRICIÓN Encontros Bilaterais Pexga China en Lugo

China, país de grandes oportunidades

China, país de grandes oportunidades
 
China preséntase como un país de grandes oportunidades en multitude de sectores e actividades, pero non só como un mercado de aprovisionamento, proveeduría ou deslocalización, senón tamén como un importante destino para os nosos produtos e servizos. Así o confirman os datos relativos ás exportacións galegas ao mercado chinés, que aumentaron preto do 24 % no exercicio 2015 respecto ao ano anterior, ás que hai que sumar outro incremento do 4% rexistrado durante o primeiro semestre de 2016. Dese modo, o volume de negocio xerado polas exportacións galegas a China supuxo máis de 220 millóns de euros. 
 
Os encontros coas Plataformas Pexgas organízanse no marco do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a Rede de Plataformas Empresariais Galegas no Exterior (Pexga) e o Servizo de Licitacións Internacionais (Salt), que establece como obxecto do incluso o asegurar unha maior presenza das empresas e institucións galegas no exterior.

Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 (Lugo)