Escrito o:
Empresarios e emprendedores de Lugo achéganse ao análise económico - financieiro e a ferramentas do programa Re-Acciona
A sede central da CEL acolleu onte un taller formativo, organizado en colaboración con Arxon Estratexia, para achegar a análise económica - financeiro a empresarios e emprendedores non expertos na materia, así como para informar os apoios e ferramentas do programa Re-Acciona do Igape para mellorar a competitividade dos seus negocios.
A xornada congregou a preto dunha trintena de empresarios e emprendedores de Lugo, que puideron achegarse, a través da intervención en forma de "pílula informativa" de Rafael Martínez- Carrasco Samartín de Arxon Estratexia, a cuestións normalmente áridas como planificación financeira, balance de situación e conta de resultados, plan de tesouraría ou plan fiscal... e aos apoios para abordar esta materia nas empresas que habilita o Igape a través do programa Re-Acciona.