Escrito o:
Presentación das axudas do Programa Principia en Lugo
O martes 28 de xuño, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), presenta en Lugo, nunha xornada informativa na sede da Fundación CEL, as axudas do Programa Principia, recentemente convocado e dirixido a empresas interesadas en contratar profesionais para o desenvolvemento de actividades de I+D+i.
A xornada, organizada en colaboración coa Fundación CEL e a CEL, impartirase en horario de mañá (10:00 horas). Está dirixida tanto a empresarios interesados en contratar como a Universidades, centros de coñecemento e titulados e doutorados universitarios.
Explicaranse os requisitos e características do programa de axudas e tentaranse resolver as dúbidas que poidan presentarse, así como xerar un espazo de networking para o contacto entre profesionais e entidades, a fin de estimular a contratación no ámbito da investigación e as actividades de desenvolvemento e investigación en Galicia (programa completo descargable en pdf ao final desta entrada). Trátase dunha oportunidade única para achegarse aos detalles da norma que regula estos incentivos.
A entrada é libre e gratuíta, aínda que as prazas son limitadas e é obrigatorio formalizar inscrición a través da seguinte ligazón: