Voltar atrás

Escrito o:

Curso de Dinamización Comunitaria

O próximo día 16 de xuño iníciase na Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL un curso de Dinamización Comunitaria, para o que nestes momentos hai prazas dispoñibles. Dirixido a persoas en situación de DESEMPREGO, inscríbese na programación AFD (Accións de Formación para Desempregados) 2016 da CEL, financiada por la Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Este curso, de 628 horas totais de duración, proporciona acceso a un certificado de profesionalidade para exercer en postos de traballo como animador sociocultural, axente de desenvolvemento social, axente de desenvolvemento local, dinamizador comunitario, asesor do sector asociativo, técnico comunitario ou xestor de asociacións, entre outras.

Impartirase en horario de 9:00 a 15:00 horas, con data de finalización o 17 de novembro de 2016.

Programa

  • Axentes de Proceso Comunitario
  • Participación Cidadá
  • Metodoloxía de Dinamización Comunitaria
  • Fomento e Apoio Asociativo.
  • Técnicas e Instrumentos de Información e Difusión.
  • Xestión de Conflitos entre Axentes Comunitarios.
  • Impulso da Igualdade de Oportunidades
  • A maiores, inclúe un módulo de 120 horas de prácticas profesionais non laborais en empresas.


Para máis información e solicitude de vacantes, contactar co número de teléfono 982 28 40 15.