Escrito o:
TALLER Análisis Económico - Financiero para Non Expertos (ÚLTIMAS PRAZAS)
A sede central da CEL acolle o próximo día 21 de xuño de 2016, martes, en horario de 19:00 a 20:30 horas, un Taller Formativo de Análise Económica - Financeiro para Non Expertos, no que tamén se informará sobre as ferramentas do Programa Re-Acciona do Igape, deseñado para a mellora da xestión empresarial nas pequenas e medianas empresas, así como para traballadores autónomos, a través da oferta de diferentes servizos de consultoría estratéxica.
O taller ten por obxectivo capacitar e formar a directivos, xerentes de pemes e traballadores autónomos de perfil non financeiro na interpretación e comprensión da información financeira da empresa para a toma de decisións, así como axudarlles a identificar responsabilidades patrimoniais, fiscais e de xestión a partir da información financeira dispoñible na empresa. Será impartido por Rafael Martínez - Carrasco Samartín, experto de Arxon Estrategia, consultora especializada adxudicataria do Igape para a oferta de determinados servizos do Re-Acciona.
Programa
1. Introdución. As Finanzas, visión estratéxica. Control en empresas sen contabilidade oficial.
2. A foto fixa do Balance de Situación. A análise financeira.
3. A dinámica da Conta de Resultados. A análise económica.
4. O reflexo da PYG sobre a Planificación Financeira.
5. Os investimentos e as amortizacións. Efecto financeiro e de reserva.
6. Análise Económica de Sensibilidade.
7. Plan de Tesouraría e Plan Fiscal.
8. FERRAMENTA CRAVE. O estudo económico-financeiro. Re-Acciona 2016.
A asistencia é gratuíta, pero as prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse a través da seguinte ligazón:
INSCRICIÓN TALLER ANÁLISE ECONÓMICA - FINANCEIRO PARA NON EXPERTOS
Sede Central CELPlaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo