Escrito o:
Gran afluencia nunha xornada con temática laboral e fiscal na Escola de Empresarios
A nosa Escola de Empresarios acolleu onte unha xornada informativa sobre novidades en materia laboral e fiscal de face a este exercicio. Organizada por Computer-3, Woters Kluwer e Premap coa colaoración de Garrigues e a propia CEL, espertou gran interese enchendo o salón de actos principal do centro de formación.
Case un centenar de empresas asistiron ao evento, no que se falou dos importantes cambios que modifican o marco habitual tanto no ámbito laboral como no ámbito fiscal, as implicacións que esixen estes cambios aos profesionais e como tecnoloxicamente estes poden mellorar o seu rendemento e eficiencia coas novas ferramentas de produtividade.
Amparo Rodríguez Roo, xestora e formadora interna de Fremap, centrouse no seu relatorio nas novidades lexislativas en materia de Seguridade Social, e Iria Pérez Valcarce, asociada senior da área fiscal do despacho Garrigues, expuxo pola súa banda as principais novidades fiscais deste 2016.