Voltar atrás

Escrito o:

A Fundación CEL acollerá un taller sobre técnicas de traballo en equipo

A Fundación CEL - Iniciativas por Lugo, como centro de referencia da Rede Eusumo en Lugo, acolle en próximas datas un novo taller de traballo orientado a persoas interesadas en achegarse a técnicas que garantan o éxito no traballo en equipo. 

Trátase do taller formativo "Por que non traballamos en Equipo?, organizado por Ugacota no marco dun programa de formación para cooperativas, aínda que poden participar todas as persoas interesadas en adquirir ou desenvolver habilidades de traballo grupal.

Os obxectivos principais desta acción formativa son contribuír ao desenvolvemento das habilidades persoais clave no traballo colaborativo, achegar recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais e descubrir e aplicar as habilidades persoais nunha contorna cooperativa.

O programa do taller divídese en catro sesións formativas de cinco horas de duración cada unha (ver Programa). Para a obtención do diploma hai que asistir ao 80% das clases. A asistencia é gratuíta pero as prazas son limitadas, polo que é obrigatoria reserva de praza previa vía inscrición.

Formulario online de inscrición