Voltar atrás

Escrito o:

A Asociación de Ximnasios entregou hoxe os agasallos da Iª Semana do Exercicio e a Nutrición

A Asociación Provincial de Ximnasios e Actividades Físicas de Lugo, que preside José Manuel Gómez Suárez, entregou hoxe os agasallos sorteados con motivo da I Semana do Exercicio e a Nutrición organizada os pasados días 12, 13 e 14 de decembro en Lugo por este colectivo, coa colaboración de diferentes institucións públicas e privadas.

O acto de entrega tivo lugar ás 11:00 horas na sede central da CEL, e contou coa asistencia de tres dos premiados, o presidente do colectivo de ximnasios e José Mª Álvarez Vilabrille, en representación dunha das entidades colaboradoras, O Progreso, da que é director comercial.

En total, outorgáronse catro galardoes: unha revisión médica gratuíta na Clínica Dinán, da que resultou agraciada Lida Arias López; unha consulta cun nutricionista en Consulting Lida Carballo Macia, outorgada a Olga Muiños Luque; un mes gratis de acceso a un ximnasio integrado na Asociación Provincial, obtido por Nagore Hortas Castrok, e un fin de semana no Hotel Oca Augas Santas, do que resultou beneficiario Alberto Mera Gayoso.