Escrito o:
Modelo de Calendario Laboral 2016
Na sección de documentación desta web está dispoñible para descarga o modelo de Calendario Laboral 2016 en pdf, que confeccionamos desde a CEL todos os anos para facilitar a súa exposición nos centros de traballo, en cumprimento do establecido na Lei do Estatuto de Traballadores (o Art. 34.6 dispón expresamente a obrigatoriedade de exposición nun lugar visible para empresas con traballadores).
Igualmente e como todos os anos, as empresas asociadas interesadas poden solicitar exemplares impresos, depositados na sede central da CEL, a través do número de teléfono 982 23 11 50.
Contido
O modelo de Calendario Laboral da CEL contén información dos festivos nacionais, autonómicos e provinciais, así como outros datos adicionais de interese como os domingos e festivos de apertura comercial.
Contén así mesmo apartados específicos para o seu cumplimentación e selado individualizado por parte das empresas.