Voltar atrás

Escrito o:

Encontro New Experience Pasión polo éxito. Un cambio de paradigma: a nueva fórmula da produtividade

Sabía que?: Segundo o informe Gallup Q-12, o 71 % das persoas das organizacións non están comprometidas? A diferenciación entre empresas, produtos e servizos cada vez é menor e a competitividade crece exponencialmente en todos os sectores. Por iso, a supervivencia e o éxito das Empresas cada vez dependen máis da creatividade e eficacia dos seus equipos. Por iso é polo que a clave para distinguirse da competencia estea no trato persoal e diferente co cliente. O factor psicolóxico e humano (Intelixencia Emocional) intervén cada vez máis poderosamente na decisión final e fidelización dos clientes. 

O estudo conclúe que o que determina a produtividade e lealdade dos empregados, así como a fidelidade dos clientes, é: a calidade da relación entre empregados e o seu superior directo e entre os empregados e os clientes respectivamente. Evitando conflitos, mellorando a harmonía, diminúen os erros, as queixas, o cliente atópase máis satisfeito, aumentan a creatividade, a implicación e o compromiso, en definitiva melloran os Resultados.

Encontro New Experience

Para analizar estas cuestións, intelixencia emocional na empresa, xestión de compromiso e das relacións no centro de traballo, APD e Igape organizan en Lugo o encontro New Experiencie Paixón polo éxito. Un cambio de paradigma: a nova fórmula da produtividade, que contará co experto consultor Daniel Oliveira Salcedo, socio-director de Mentoring & Coaching S.L.

O encontro terá lugar este venres, 4 de decembro, en horario de 10:00 a 12:00 h. na Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL en Lugo (Rúa Manuel Murguía, 6 – Bajo).

Asistencia gratuíta até completar aforamento. Imprescindible reservar praza nesta ligazón.

Escuela de Empresarios y Centro de Formación CEL
Rúa Manuel Murguía 6 - Bajo
27.003 Lugo