Voltar atrás

Escrito o:

COMUNICADO: A CEL lamenta a pérdida de Pardo Montero, presidente de Caixa Rural Galega

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), decatada do falecemento de D. José Mª Pardo Montero, presidente de Caixa Rural Galega, desexa comunicar a través do presente o seu máis sentido pésame pola perda de "unha persoa imprescindible durante as últimas décadas para a vida económica e empresarial da provincia de Lugo".

Para a CEL é unha persoa insubstituíble non só "para a súa familia, amigos e compañeiros en Caixa Rural Galega", senón en xeral en Lugo pois "destacou non só pola súa actividade profesional á fronte da entidade bancaria lucense, senón pola súa calidade humana e bonhomía".

Para a Confederación Pardo Montero é "un exemplo de como desde as institucións e as empresas pódese mellorar a contorna social e económica que nos rodea".

José María Pardo Montero foi ademais unha persoa moi vinculada á Confederación de Empresarios de Lugo, en cuxos órganos directivos participou e á que apoiou sen dilación sempre que foi necesario. 

Foto: José María Pardo Montero recibindo a insignia de ouro da CEL en 2004, de mans dos entón presidentes da CEL, Eduardo Jiménez, e CEOE, José Mª Cuevas.