Escrito o:
Cursos de prevención de riesgos en A Mariña
A CEL organiza, no marco do programa formativo en materia de seguridade e saúde 2015, dous cursos básicos na zona da Mariña Lucense. Un, sobre Traballos Verticais, terá lugar no Parque de Bombeiros de Barreiros o día 23 de outubro en horario de catro a nove da tarde. Outro, sobre Manexo de Ferramentas Forestais, terá lugar en Trabada tamén o venres 23 de outubro de 16:00 a 21:00 horas.
Estas accións formativas son gratuítas para os asistentes e organízanse ao amparo da Orde de 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición: