Escrito o:
A Semana Europea da Seguridade e a Saúde céntrase este ano na prevención do estrés
Un ano máis, e coincidindo coa semana 43 do calendario (do 19 ao 23 de outubro de 2015) celébrase a Semana Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo, que de novo se enmarca na campaña de Traballos Saudables que mantén desde hai tempo a Axencia Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo (OSHA) e que nesta ocasión estará centrada na "xestión do estrés".
O obxectivo da Semana Europea, así como da campaña Traballos Saudables, é o de concienciar a nivel global sobre a necesidade de garantir a prevención de riscos laborais nos lugares de traballo europeos.
Esta campaña concreta de 2015, "Traballos Saudables: Xestionemos o Estrés" busca, ademais, alcadar tres retos fundamentais:
- Sensibilizar e mellorar a comprensión da tensión e dos riscos psicosociais no lugar de traballo.
- Facilitar orientadores, apoio e ferramentas prácticas para xestionar os riscos.
- Destacar os efectos positivos da xestión dos riscos psicosociais para os traballadores e as empresas.
Nas diferentes campañas, OSHA, ademais de promover actividades entre distintas organizacións situadas nos países europeos, deseña ferramentas de consulta online específicas e gratuítas, como a plataforma deste ano sobre estrés e riscos psicosociais.
Por outra banda, as empresas interesadas en máis información sobre as medidas preventivas máis comúns a adoptar para previr a tensión entre os seus traballadores, poden contactar tamén coa nosa Oficina Técnica de Prevención de Riscos Laborais, a través da que informamos e asesoramos sobre as obrigacións do empresario en materia de seguridade e saúde laboral.