Escrito o:
Curso de Creación e Xestión de Microempresas
Nos últimos anos a actividade emprendedora non deixou de crecer en España. Só no pasado mes de xuño a creación de empresas experimentou un crecemento do 5,3% con respecto ao mesmo período do ejercio anterior. Este crecemento vén en gran medida motivado pola falta de oportunidades laborais que a crise económica ha imposto ao longo dos últimos anos no país.
No entanto, ben esteamos ante un "emprendimiento de necesidade", ben ante un "emprendimiento por vocación", planificar axeitadamente a estratexia de negocio e contar cunha adecuada formación básica en materia de xestión de empresas pode constituír a diferenza entre o éxito e o fracaso dunha iniciativa empresarial.
Coa finalidade de formar axeitadamente a potenciais emprendedores, a Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL acollerá durante os próximos meses un curso específico de "Creación e Xestión de Microempresas", organizado no marco da programación AFD 2015 (accións de formación dirixidas prioritariamente a desempregados), cofinanciada pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea (Fondo Social Europeo).
Concretamente, o curso dará comezo o día 1 de setembro, impartirase en horario de 15:00 a 22:00 horas e finalizará o 15 de decembro. Está dirixido preferentemente a desempregados inscritos na Oficina de Emprego, aínda que tamén poderán participar traballadores en activo. Permite o acceso a un certificado de profesionalidade de nivel 3, polo que os interesados haberán de contar cunha titulación mínima de Bacharelato Logse, COU, FPII ou Grao Superior de FP).
Programa
O programa do curso inclúe os seguintes módulos formativos:
- Planificación e iniciativa emprendedora (120 horas)
- Dirección da actividade empresarial (90 horas)
- Comercialización de produtos e servizos (90 horas)
- Xestión administrativa e económico - financeira (120 horas)
- Xestión da prevención de riscos laborais (60 horas)
- Módulo de prácticas profesionais non laborais (40 horas)
- Módulos transversais (18 horas)
Inscrición
Os interesados nestes cursos deben dirixirse o máis axiña posible ao noso Centro de Formación, sito en Manuel Murguía 6-Baixo de Lugo, para cubrir ficha de inscrición e participar en entrevista de selección. Máis info no número de teléfono 982 28 40 15.