Escrito o:
Ondas de calor: previr riscos na contorna laboral
Desde antes do inicio do verán vimos soportando altas temperaturas no país: ondas de calor veñen encadeando con poucos momentos para o respiro, agravando os posibles riscos que para a saúde ten o estar expostos de forma continuada a altas temperaturas e elevando as probabilidades de sufrir un golpe de calor, en especial se o traballo require actividade física intensa ou se desenvolve ao aire libre ou en condicións de calor e humidade xa de seu elevadas.
O corpo humano, para funcionar correctamente, necesita manter unha temperatura interior constante duns 37º C: para iso, e en función das variacións da temperatura atmosférica, está contínuamente termorregulándose a través de sistemas como, por exemplo, a sudoración no caso de superar este valor. Temperaturas no corpo superiores aos 38º inducen tensión térmica por calor e xa poden provocar danos á saúde; por encima dos 40,5 incluso a morte.
Como previr situacións de tensión térmica por calor?
Previr os riscos que para a saúde teñen as altas temperaturas, e en especial situacións extremas como un golpe de calor, segundo lémbranos en diferentes publicacións o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, os empresarios deben:
- Informar e formar aos seus traballadores sobre riscos e medidas preventivas, en especial para o recoñecemento de causas, síntomas, e primeiros auxilios ante enfermidades relacionadas coa calor (por exemplo euripciones cutáneas, cambras, síncopes, deshidratación, esgotamento por calor, insolación ou golpes de calor).
- Prever un proceso de aclimatación á calor, garantindo que o corpo se adapte de forma paulatina a realizar as tarefas en condicións de calor.
- Organizar o traballo reducindo os tempos de exposición á calor e modificar os procesos paa reducir no posible o esforzo físico nestas condicións.
- Reducir a temperatura en interiores (con aire acondicionado, ventiladores...)
- Garantir unha vixilancia da saúde específica a traballadores con especiais riscos ante a calor (por enfermidades cardiovasculares, respiratorias, renais, etc.)
- Facilitar auga e sitios de descanso frescos.
Pola súa banda, os traballadores deben:
- Informar á empresa de se tiveron problemas coa calor, enfermidades crónicas ou calquera situación que poida devir en tensión térmica para eles.
- Adaptar o seu ritmo de traballo á súa tolerancia á calor.
- Dedicar tempos ao descanso en lugares frescos.
- Beber auga con frecuencia.
- Evitar comidas copiosas e fortes, o alcol e as bebidas con cafeína ou azucaradas. Aconséllase o consumo de froitas e verduras.
- Usar roupa de verán confeccionada con tecidos frescos (algodón, liño), solta e de cores claros. Protexer a cabeza.
- Presentarse no posto de traballo ben descansado. Ducharse e referescarse ao finalizar a xornada laboral.
Para máis info, pode resultar de utilidade a consulta da guía "Traballar con calor" do INSHT.
Artigo elaborado polos técnicos da Oficina Técnica en Prevención de Riscos Laborais para Pemes da CEL, financiada pola Fundación para a Prevención de Riscos Laborais.