Voltar atrás

Escrito o:

Acuerdo entre CEL e Cruz Vermella en materia de emprego

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cruz Vermella Española subscribiron hoxe un convenio marco de colaboración en materia de emprego.
 
O acto de firma tivo lugar na sede central da organización empresarial lucense, coa presenza de Jaime López, secretario xeral da CEL e Luís Abelleira Maior, presidente de Cruz Vermella en Lugo.
 
O obxectivo xeral do acordo é o de estreitar a colaboración en materia de difusión das actividades relacionadas co emprego que leva a cabo Cruz Vermella, profundizando na sensibilización do tecido empresarial lucense de cara a mellorar a inclusión socio-laboral dos colectivos máis vulnerables.
 
Neste sentido, ambas as entidades están interesadas en promover entre as empresas o "exercicio da responsabilidade social corporativa", de face a mellorar as posibilidades de inserción no mercado de traballo daquelas persoas con maiores dificultades para acceder ao emprego. 
 
En virtude do acordo, a CEL difundirá entre as empresas lucenses as actividades que a Cruz Vermella organiza no marco do seu Plan de Emprego. Cruz Vermella informará así mesmo ás empresas lucenses sobre subvencións, bonificacións e axudas á contratación de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, así como axudas para a adaptación de postos de traballo.
 
Ambas as entidades buscarán estreitar o traballo conxunto de cara a lograr unha maior complementariedade de accións desenvolvidas por ambas as entidades relacionadas coa promoción do emprego e a formación de recursos humanos.