Voltar atrás

Escrito o:

Estrenamos e+e, o blog para emprendedores e empresarios de Lugo

Dende a CEL, e en conxunto cos nosos compañeiros da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo, pomos en marcha unha nova iniciativa que nos ilusiona especialmente e na que vimos traballando desde hai xa un tempo. Trátase de e+e, o blog dos emprendedores e empresarios de Lugo, e con el pomos á vosa disposición un novo punto de encontro no mundo online.

Información, opinión, entrevistas e calquera cuestión que poida resultar de interese para empresarios e emprendedores (do ámbito fiscal, laboral, axudas, financiamento, novas tecnoloxías...) terán cambida en e+e, que esperamos sigades coa mesma atención que as noticias da nosa web.

Nova web Fundación CEL

O blog e+e nace á vez que a nosa Fundación CEL renova completamente a súa páxina web corporativa, que rexorde cun novo deseño totalmente adaptado aos novos tempos, con integración total das súas redes sociais, nas que ten perfís moi activos, e deseño responsive, adaptado aos diferentes dispositivos desde os que poden acceder os usuarios.