Voltar atrás

Escrito o:

CURSO Estratexias de Internacionalización

Os mercados exteriores convertéronse na saída natural para a supervivencia das empresas españolas ante a contracción do consumo interior que caracterizou á actual crise económica. A fin de abordar as características básicas do proceso de internacionalización dunha empresa e algunhas das cuestións máis comúns a ter en conta (plan de internacionalización, loxística, accións de mercadotecnia...), a CEL inclúe no seu Plan Intersectorial de Formación 2015 un Curso de Estratexias de Internacionalización.

Esta acción formativa impartirase na modalidade de teleformación entre os días 25 de maio e 3 de xullo e, como o resto de cursos do Plan, finánciase a través da Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, polo que a participación é de carácter gratuíto para o alumnado. Nestes momentos soamente quedan prazas libres para os colectivos de traballadores en activo e autónomos.

Programa

   MÓDULO 1. ENTORNO ECONÓMICO. INTRODUCCIÓN Ó COMERCIO INTERNACIONAL
     · Conceptos fundamentais da internacionalización.
     · Importancia estratéxica da internacionalización.
     · Evolución do comercio internacional.

   MÓDULO 2. ESTRATEXIAS E MÁRKETING DE INTERNACIONALIZACIÓN
     · O plan de internacionalización.
     · Análise e selección de países e modalidade de internacionalización.
     · Aspectos claves dun plan de marketing para a internacionalización.

   MÓDULO 3. FINANCIAMENTO DOS PLANS DE INTERNACIONALIZACIÓN
     · Formas de cobro e pago internacionais.
     · Financiamento internacional.
     · Xestión administrativa do comercio internacional.

   MÓDULO 4. LOXÍSTICA INTERNACIONAL

    · Procesos da cadea loxística internacional.

   MÓDULO 5. ENTORNO XURÍDICO DA INTERNACIONALIZACIÓN
     · Conceptos básicos da contratación internacional.

   MÓDULO 6. COMUNICACIÓN E ENTORNOS DIXITAIS
     · Novos canais e estratexias multicanal.
     · Estratexias dixitais dispoñibles.

INSCRICIÓN CURSO ESTRATEXIAS DE INTERNACIONALIZACIÓN