Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Novos Instrumentos de Financiamento Empresarial, Préstamos Jeremie - Igape

A Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL acolle este xoves, día 7 de maio, unha xornada informativa sobre os instrumentos de financiamento para as pemes galegas que habilita anualmente o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), con especial atención ás novas condicións os préstamos directos Jeremie - Igape, dirixidos a novos investimentos empresariais e xeración de emprego en microempresas e pequenas e medianas empresas de Galicia, financiados con fondos FEDER, e cuxas bases se viron lixeiramente modificadas mediante resolución publicada hoxe.

Os préstamos Jeremie están comprendidos entre os 70.000 e o 1.050.000 euros, e poden financiar até o 70% de investimentos consistentes en novas instalacións produtivas, ou investimentos destinados a ampliar, modernizar ou diversificar a produción. Poden financiar tanto activos fixos materiais asociados aos proxectos de investimento (terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento ou mobiliarios) como os activos intangibles necesarios (aplicacións informáticas, propiedade intelectual e industrial, licenzas de fabricación ou gastos en I+D ligados a proxectos de innovación tecnolóxica). O prazo de solicitude ampliouse até o 30 de setembro de 2015 (salvo esgotamento do crédito).

Programa Xornada Lugo

A xornada que se celebrará en Lugo o xoves dará comezo ás 19:00 horas e contará coa participación da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o director xeral do Igape, Javier Aguilera Navarro, o subdirector de Información deste organismo, Curro lópez, e a responsable do Igape en Lugo, Cristina Sanz (programa completo descargable ao final desta entrada).

Os interesados en asistir terán que reservar praza chamando ao 982 294 032 ó ao 900 81 51 51 ou enviar un email co nome do asistente, o da empresa, así como teléfono e e-mail de contacto a lugo@igape.es

Escuela de Empresarios y Centro de Formación CEL
Rúa Manuel Murguía 6 - Bajo
27.003 (Lugo)