Voltar atrás

Escrito o:

Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo 2015

Como todos os anos o 28 de abril conmemórase o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. Con esta data búscase concienciar de forma global sobre a importancia dunha adecuada cultura de prevención en materia de seguridade e saúde no traballo, o que implica, segundo a Organización Internacional do Traballo (OIT) asegurar o "dereito a gozar dun medio ambiente de traballo seguro e saudable a todos os niveis" o que implica necesariamente "a participación activa dos gobernos, os empleadores e os traballadores para asegurar un medio ambiente de traballo seguro e saudable a través dun sistema de dereitos, responsabilidades e deberes definidos e a atribución a máxima prioridade ao principio da prevención".

Este ano, para profundar nese labor de difusión da cultura da prevención, a OIT deseñou un sitio web do SafeDay "con informacións novas e útiles" en materia de prevención de riscos laborale, "incluíndo o papel de cada interlocutor, información detallada sobre os aspectos crave e tendencias en materia de seguridade e saúde laboral" ou unha selección de ligazóns para descarga de documentos de interese como guías, entre outros.

A CEL, como organización empresarial, atópase implicada no desenvolvemento de diferentes actividades en materia de prevención de riscos laborais. Mantén un servizo de asesoramento a empresarios, a Oficina Técnica en Prevención de Riscos Laborais, co financiamento da Fundacion para la Prevención de Riesgos Laborales, coa que tamén editou nos últimos anos diferentes publicacións descargables en pdf nesta web.

Imaxe | Campaña SafeDay 2015 da OIT