Voltar atrás

Escrito o:

CURSO Dietética e Manipulación de Alimentos

Entre o 25 de maio e o 22 de xullo de 2015 a CEL organiza o Curso "Dietética e manipulación de alimentos", a través do que se busca achegar aos alumnos participantes os conceptos básicos relativos a seguridade alimentaria, manipulación de alimentos, riscos en hosteleria ou dietas terapéuticas.

Este curso, de 175 horas de duracion, forma parte do Plan de Formación Intersectorial da CEL 2015 e impartirase na modalidade semipresencial: as horas presenciais nunha sesión única que terá lugar o día 30 de maio de 2015 en horario de 9:00 a 14:00 horas na Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL en Lugo.

Nestes momentos, soamente quedan prazas libres para os colectivos de traballadores en activo e autónomos.

Programa

     MÓDULO 1. INTRODUCIÓN Á SEGURIDADE ALIMENTARIA

        · Riscos para a saúde derivados do consumo de alimentos e a súa manipulación: concepto de enfermidade de transmisión alimentaria e os seus brotes.
        · A contaminación dos alimentos.

     MÓDULO 2. CONTAMINACIÓN, HIXIENE E SEGURIDADE ALIMENTARIA

        · Orixe e transmisión dos contaminantes nos alimentos.
        · Principais causas que contribúen á aparición de brotes de enfermidades de transmisión alimentaria.

     MÓDULO 3. MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

        · O papel do manipulador como responsable da prevención das enfermidades de transmisión alimentaria.
        · Saúde e hixiene do persoal.
        · Medidas básicas para a prevención da contaminación ou da proliferación desta nos alimentos.

     MÓDULO 4. RISCOS NA INDUSTRIA ALIMENTARIA E HOSTALARÍA

        · Responsabilidade da empresa na prevención de enfermidades de transmisión alimentaria.
        · Principais perigos no sector da hostalaría.

     MÓDULO 5. DIETAS TERAPÉUTICAS

        · Dietas terapéuticas básicas.
        · Dietas terapéuticas por sistemas e aparellos.

INSCRICIÓN CURSO DIETÉTICA E MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS