Escrito o:
CURSO Wordpress para Pemes
Tras a boa acollida do curso que vén de finalizar sobre esta materia, a CEL porá en marcha entre os meses de xuño e xullo un novo curso de "Wordpress. Como elaborar páxinas web para pequenas e medianas empresas", a través do que busca dar a coñecer as posibilidades que ofrece a plataforma Wordpress para a posta en marcha dun sitio web ou blog de negocio.
O curso, de 85 horas totais de duración e que se impartirá integramente na modalidade de teleformación, dará comezo o día 15 de xuño e prolongarase até o 14 de xullo. Forma parte do Plan de Formación Intersectorial da CEL 2015 e está dirixido preferentemente a traballadores en activo e autónomos que busquen achegar a esta ferramenta de creación e xestión de contidos web.
Wordpress é unha plataforma de código aberto que premite de forma fácil e sinxela, e sen necesidade de coñecementos técnicos de programación, o deseño e creación de blogs e sitios webs, así como a fácil xestión e publicación de contidos. O curso da CEL achegarase ás principais opcións desta plataforma, de acordo co seguinte programa:
Módulo I. Introdución a Wordpress
- Que é Wordpress?
- Conta ou instalación de wordpress
- Interface de wordpress
- Aparencia e seccións
- Elección de modelos
Módulo II. Contidos, optimización e ferramentas de Wordpress
- Tipos de contido en Wordpress (I)
- Tipos de contido en Wordpress (II)
- Optimización de Wordpress
- Optimización e almacenamento de recursos multimedia.
- Ferramentas de marketing e e-comercio.
- Socialización e difusión da empresa en Wordpress.
As prazas son limitadas. Os interesados en tramitar preinscrición xa poden facelo a través da seguinte ligazón: