Voltar atrás

Escrito o:

Almorzo LivingSAP: novas tecnoloxías para pemes agroalimentarias

A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu hoxe un almorzo de traballo organizado por LivingSAP e Advantic para dar a coñecer solucións de software empresarial especializadas, neste caso orientadas a pequenas e medianas empresas do sector agroalimentario.

SAP é un software especializado de xestión que se implanta "a medida das empresas", pensado para entidades que busquen "mellorar procesos como a xestión de contactos ou acordos comerciais; optimizar a produción, calidade e procesos produtivos; axilizar as relacións con grandes superficies, a través da factura electrónica e o EDI; optimizar a saída e entrada de mercadorías; mellora de trámites relacionados coa exportación, entre outros"

SAP é unha empresa líder a nivel mundial en software de xestión empresarial.  Con sede en Alemania, presenza en máis de 130 países e máis de 40 anos de experiencia conta con produtos especializados para cubrir todas as necesidades empresariais: CRM?s, ERP?s, xestión financeira, xestión da cadea de subministracións, bases de datos, mobilidade, entroutros.