Escrito o:
Acuerdo entre CEL y Clínica Baviera en materia de servicios oftalmológicos
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Clínica Baviera formalizaron hoxe un convenio de colaboración para que os asociados á CEL teñan acceso en condicións vantaxosas a diferentes servizos de Clínica Baviera, institución médica especializada en oftalmoloxía integral.
O acto de firma tivo lugar na sede central da organización empresarial lucense, coa presenza de Jaime López, secretario xeral da CEL e Arantxa Gual, xerente de Clínica Baviera.
En virtude do acordo subscrito, Clínica Baviera ofrecerá aos socios da CEL e aos seus familiares directos un plan de saúde ocular que suporá o acceso, baixo tarifas económicas preferentes, a consultas xerais de oftalmoloxía, así como cirurxía refractiva láser para a corrección de miopía, hipermetropía, astigmatismo, vista cansa e cataratas.
Os socios da CEL que desexen acceder a estas condicións especiais e vantaxes económicas, que terán vixencia inicialmente en 2015, deben acudir a Clínica Baviera Lugo (rúa Dinan, 4) e acreditar o seu vínculo coa Confederación de Empresarios de Lugo na primeira consulta médica.
CLÍNICA BAVIERA é unha institución médica española especializada en oftalmoloxía integral que, con máis de 70 centros, está presente en catro países europeos (España, Alemaña, Austria e Italia) e cotiza en Bolsa desde 2007. En Galicia está presente en Lugo desde 2011, e tamén conta con centros na Coruña e Vigo. Fundada hai máis de 25 anos, a calidade asistencial, as súas óptimos resultados médicos e a incorporación das técnicas máis novas e solventes foron a súa razón de ser.